02/12/13

As vosas opinións (2)

Aquí volvo con novas opinións sobre Bágoa de Lúa!

Desta volta, son as rapazas do Clube de Lectura da Biblioteca do IES de Poio as que contan que lles está a parecer o libro no seu blog Os Trasnos dos Libros (no enlace van as entradas marcadas coa etiqueta Crónicas de Landereina, pero hai máis opinións sobre outros libros, non volas perdades!).

No blog podedes escoitar un audio coas súas primeiras impresións e ler unha reflexión moi interesante que compara a Berenguela con Mónica, de Dragal, e Katniss de Los Juegos del Hambre.

Grazas ao IES de Poio polas vosas opinións, esperamos ver que vos parece a continuación do libro!

Vós tamén lestes Bágoa de Lúa? Queredes opinar? Non dubidedes en contalo nos comentarios. Tamén podedes pegar o enlace se escribistes sobre o libro no voso blog, encantaranos compartir as vosas opinións co resto de lectores/as.

Lémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que te contas?