Amosando publicacións coa etiqueta feira do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta feira do libro. Amosar todas as publicacións

30/04/14

Feira do Libro de Santiago

Parece que estou desaparecida (aínda que algo si que me pronunciei pola Gramática e por Twitter) pero o certo é que vos ando abondo ocupada. E ocupada, neste caso, quere dicir "landereineando". O segundo tomo das Crónicas de Landereina está engordando cada día, facéndose e dourándose pouco a pouco.

Por iso, e como se achega o momento, no meu próximo encontro, acompañada de Francisco Castro, lerei as primeiras páxinas desta nova entrega. O acto será esta fin de semana, o domingo 4 de maio, ás 20:00, na Feira do Libro de Santiago. Vídesvos?

E se queredes estar máis ao día das feiras e estas cousiñas de libros, botádelle un ollo ao calendario do libro deste ano, aquí.



13/02/14

Calendario do Libro e da Lectura

A finais de xaneiro, a AELG e a AEG comezaron a espallar o calendario que vos traio. Aínda que se trate dun calendario adicado a profesionais do sector do libro, seguro que moitos e moitas de vós o atopades interesante, que por algunha feiriña do libro se haberá que pasar este ano!

Eu xa anotei as datas importantes nun dos meus calendarios, a ver se este ano me animo a completalo tamén coas datas de publicación e fallo dos certames literarios e o podo compartir con vós.

Podedes botarlle un ollo e descargalo aquí, ou na propia imaxe que vos achego.

21/08/13

Bágoa de Lúa nas Feiras de Viveiro e Foz

Como vos contei, a semana pasada estiven pola Mariña presentando Bágoa de Lúa. O 15 de agosto estiven en Viveiro e o 17, sábado, en Foz, acompañada de Bernardo Penabade (e mandándolle recordos ao meu editor, claro).

Achegouse abondo xente para me poñer colorada e puiden asinar uns cantos exemplares, un pracer, coma sempre! Déixovos un par de fotos.
Grazas por estardes aí!

Lémonos!



12/08/13

Novas presentacións: Feira do Libro de Viveiro e Feira do Libro de Foz

Xa me tardaba vir presentar Bágoa de Lúa pola Mariña!

Estarei en Viveiro o día 15 de agosto, ás 20:30, e en Foz o sábado 17 de agosto, ás 21:00, acompañada de Bernardo Penabade. Un acto familiar para achegármonos á lectura. Apuntádesvos?

Lémonos!

07/08/13

Bágoa de Lúa na Feira do Libro de A Coruña

Como ben lembrades ou listes do blog de Galaxia, o día 2 presentamos na Coruña Bágoa de Lúa. O evento foi, como me está parecendo a min que son todos, abondo emocionante (para min, alomenos!). Houbo unha moi boa asistencia, asinei uns cantos exemplares e disfrutei abondo contando do nacemento desta historia miña.

Para a posteridade, aquí vos deixo unhas poucas fotos (podedes ver máis tamén no blog de Galaxia) e tamén o video da presentación, emitida ao vivo o venres.


Premendo na foto podedes acceder a Bambuser para ver o vídeo.
Espero que vos guste e grazas por estar aí!




02/08/13

Recordatorio & novos contidos

Que nunca está de máis lembrar as cousas!

Como sabedes, hoxe estarei en A Coruña na Feira do Libro presentando Bágoa de Lúa. O acto, ademais, emitirase en streaming e poderanse facer preguntas empregando a etiqueta #landereina no Twitter.

E aproveito para dicirvos que os contidos da galería seguen a medrar: temos a entrevista con Localia Vigo e máis a da Revista Dot:.

Boa finde! Lémonos!

31/07/13

Feira do Libro de A Coruña

Non esquezades que este venres 2 de agosto, ás 20:00h estaremos na Feira do Libro de A Coruña. Se non puidestes vir á de Vigo, espero poder vervos alí!

Apertas!

23/07/13

Máis novas

Que rápido pasan as cousas!

Unha nova crítica
Hoxe fixen a miña primeira entrevista para a tele, podedes vela hoxe en Localia Vigo, no programa Plató Abierto (ás 18:30 e ás 21:00).

E as boas novas seguen chegando, onte, en forma de reseña da man de Sermos Galiza e Mario Regueira (xa na galería, e aquí).

Ademais, vouvos avisando de que estaremos con Bágoa de Lúa na Feira do Libro de A Coruña, o día 2 de agosto ás 20:00 (non vos vai esquecer, que o penso repetir).

Seguiremos informando! 



09/07/13

Bágoa de Lúa na Feira do Libro de Vigo

Como xa vos avisara no noso Facebook e no Twitter, este sábado 6 de xullo, na Feira do Libro de Vigo, presentamos Bágoa de Lúa, primeira parte de As Crónicas de Landereina.

Foi un día de tremendísimo calor en Vigo e aínda así veu un montón de xente! Non cansarei de dar as grazas a todos os que pasaron por alí, á miña familia, por suposto e, como non, a Francisco Castro e a Ledicia Costas, que me deixaron sen palabras cos seus fermosos discursos.
 A verdade é que estiven nerviosa, emocionada, acelerada... Foi un cúmulo de emocións e gardo o recordo de non parar de sorrir en ningún momento.

Despois da presentación, estiven asinando libros na caseta da Editorial Galaxia. Levei o selo que fixen para a ocasión e adiquei uns cantos exemplares! E ao rematar, fixéronme unha entrevista para Libros Lectureka!, un blog xenial sobre libros que vos recomendo! Se queredes ver a entrevista, podedes ir á galería ou clicar aquí.


Déixovos unhas fotiños do momento! E se non puidestes pasarvos... se cadra podedes vir á próxima. Será na Feira do Libro da Coruña, mantereivos informados!