Presentación aos lectores no Culturgal 2013 |
Neste caso quero contarvos do Culturgal 2013. Algo vos fun colgando no twitter, pero sempre queda por contar.
Non teño eu moita experiencia nestas lides (por non dicir nada) e ademais era a miña primeira visita ao Culturgal, polo que se cadra convén sumar o abraio pseudoinfantil que as cousas novas provocan.
Puidemos ensinar a orixe dos mapas e da lingua antiga |
Francisco Castro, co que sempre é un inmenso pracer compartir escea, estivo comigo, compartindo curiosidades da creación de Landereina, a historia deste libriño meu e demais, coas rapazas e rapaces do IES de Ponteareas e do IES Monte Carrasco, de Cangas do Morrazo. Eu ía nerviosa, pero a verdade é que non tiña por que: paseino xenial falando de Bágoa de Lúa e respondendo ás preguntas dos asistentes, que amosaron coñecer ben este mundo fantástico meu. E si, o segundo sae o ano que vén :)
Dende aquí quero dar as grazas a todos e todas por facerme caso tanto tempo seguido (non é fácil, seino) e por paseardes comigo por Landereina. E polos autógrafos! Espero que puiderades pegar ben as adicatorias no libro, foi un verdadeiro pracer!
Non vos perdades tampouco a crónica do blog de Galaxia, como ben din, foi ilusionante!
Asinando anaquiños de papel para os que non puideron traer o libro / Foto de @chamademesimbad |
Aí estou contando algo que non sei eu se sería interesante :) / Foto de @chamademesimbad |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que te contas?