25/11/13

As vosas opinións

Como vos dixen, vou contándovos cousas destas últimas semanas pouco a pouco.

Agora tócalle o turno ás reseñas. Coma sempre, podedes ver a relación de reseñas que fumos recopilando neste apartado do blog, ao final da Galería.

No blog As Estelas dos Ronseis podedes atopar comentarios das lecutras de moitos libros da man de rapaces e rapazas.

Entre eses libros está o meu Bágoa de Lúa (faime ilusión, claro que si!).

 Podedes dar con el e as súas reseñas na categoría "Fantasía", aquí. Pero, aviso, ollo!, algunhas das críticas conteñen información sobre o libro que vos pode estragar algunha sorpresa se non o listes aínda.

Tamén dei cunha reseña máis no blog de O Levantador de Minas. Podedes lela aquí.


Moitas grazas a todos e todas polos vosos comentarios, as vosas gabanzas e as vosas críticas.

Lémonos!

          

2 comentarios:

  1. Grazas por recollelas. Diréillelo a meus alumnos e alumnas

    ResponderEliminar

Que te contas?