
Estou de volta! Concedinme unha semaniña ao retorno da miña viaxe para poñer as cousas en orde e, claro, acumulouse todo.
Vóuvolo contando pouco a pouco, e comezo con esta preciosa entrada do (magnifiquísimo) blog Caderno da Crítica, de Ramón Nicolás. Este blog é unha referencia imprescindible para saber das novidades literarias galegas e conta, ademais, con este apartado de manuscritos que acolle fragmentos escritos á man e curiosidades de autores. Unha delicia para unha fanática da escrita á man coma min.
Na entrada conto un pouco do meu vicio cos cadernos e podedes ver algúns debuxiños. Como complemento e curiosidade, cóntovos que en Florencia merquei máis cadernos para a colección e uns plumíns clásicos de tinta china que quitan o sentido. Hai cousas que non cambian. Mellor.
Lémonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que te contas?