04/02/14

Sabela González na AELG


Dende hoxe, está dispoñible no centro de documentación da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega o meu perfil como autora.

Aquí, nesta páxina, por agora só cunha breve autobiografía e os enlaces aos meus perfís e páxinas, está a miña ficha. Espero poder aportar máis documentación e información en breve (coma a que tedes neste mesmo blog, nas diferentes etiquetas e na galería).

Formar parte da asociación dos nosos escritores e das nosas escritoras paréceme toda unha honra. Poderei xa crer de todo que son escritora, aínda que sexa a tempo parcial? Espero poder. Pronto.

Por iso mesmo, vou seguir tecleando (hoxe tócame lidiar cun personaxe novo... non sei se me sorprenderá ou se sairá como leva sendo nos meus miolos todo este tempo, xa vos contarei).

Se a vós vos tira isto das letras, botádelle un ollo aos certames e premios na web da AELG aquí. E se queredes estar ao día, non esquezades seguir a súa axenda aquí.

Lémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que te contas?