15/07/13

Novas!

Hoxe foi día de moitas cousas!

Para comezar, o blog de Editorial Galaxia publicou un artigo de opinión meu (e esas cousas sempre molan).

Tamén se publicou unha nova reseña de Bágoa de Lúa: xa lles fixemos sitio ás reseñas na páxina da galería, esta podes lela tamén no blog de Lectureka!.

E ademais fixen unha nova entrevista, desta volta, para RNE. Podedes escoitala na Crónica de Galicia de hoxe, aló polo minuto 14'30" (e si, xa sei que teño que ir collendo máis soltura, pouco a pouco!)*.

Seguimos traballando! Boa semana!

*Actualización 17/07/2013: Neste enlace temos o corte da entrevista completa.

2 comentarios:

  1. A min paréceme que tes soltura abondo...!
    Moitos éxitos, rula!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Zeltia! Espero que nos podamos ver na Feira do Libro da Coruña (o día 2)!
      Apertas!

      Eliminar

Que te contas?