18/07/13

A lingua antiga

O brasón dos Gheiroez

Na terra de Landereina, hai moitos, moitos anos, falábase habitualmente a lingua antiga.

Esta linguaxe, a cal ten o seu propio alfabeto, aínda se conserva como idioma habitual na illa de Svörie. Hai tamén quen a fala no resto do reino: os sabios domínana á perfección, así como os e as druídas, e non son poucos os que a estudan, como, por exemplo, Berenguela.



No brasón da familia real, os Gheiroez, hai dúas verbas en lingua antiga: esas dúas liñas de extraños garabatos na lúa da imaxe.


Esas dúas palabras son, transcritas ao noso alfabeto: Gwilithn Paerenol, que significa "familia da lúa".


No alfabeto da lingua antiga escríbese así:

Gwilithn Paerenol

A palabra Gwilith aparece moito en Bágoa de Lúa. De feito, esta palabra significa "lúa". O 'n' do final engádese para indicar posesión, por iso se fala da deusa Bel en neë Gwilithn Eavaer, a deusa das amazonas: "Bel, a do Corazón de Lúa".

Hai máis fragmentos de lingua antiga en Bágoa de Lúa. Que tal quedarán escritos neste alfabeto?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que te contas?