18/02/14

Bágoa de Lúa finalista nos Premios da Edición 2014


Onte, luns 17 de febreiro, déronse a coñecer os títulos nominados aos Premios da Edición da Asociación Galega de Editores.

Entre eles, está o meu Bágoa de Lúa (entre moitos grandes títulos, cómpre sinalar!) e non podo estar máis contenta. 

Por iso, velaquí vai o meu máis sincero agradecemento á Editorial Galaxia, aos editores galegos e a AGE e, por suposto, a todos os lectores e lectoras que tantas alegrías me dan.

Nestes premios, son os editores os que presentan as candidaturas e realizan unha primeira votación, cuxo resultados se publican e fan chegar ao xurado que emitirá a decisión final. A entrega de premios será o día 21 de marzo no Liceo de Betanzos.

Non deixedes de botar un ollo ao resto de títulos nominados.

Os meus parabéns a todos os seleccionados e moita sorte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que te contas?