09/07/13

Benvidos ao blog de As Crónicas de Landereina




Xa estamos funcionando!

Tras un par de semaniñas de posta a punto, lanzamos á blogosfera o noso blog de As Crónicas de Landereina: Bágoa de Lúa.

Lembrade que xa podedes acceder a el a través do enderezo www.landereina.com ademais de landereina.blogspot.com.

Neste blog atoparedes moitas cousas sobre o libro e sobre os personaxes e lugares que o enchen. Traerémosvos novas sobre os eventos, entrevistas, curiosidades e moitas cousas máis.

Ademais, premendo nos botóns da esquerda accederes a moita información sobre Bágoa de Lúa: o libro e onde mercalo, cousas sobre o reino de Landereina e os personaxes da historia, datos sobre a autora e como seguir as novidades nas redes sociais, e tamén atoparedes unha galería con fotos, entrevistas e moitas cousas máis que iremos actualizando.

Non esquezades seguirnos a traves do Facebook, Twitter ou mediante RSS!

Benvidos á vosa casa. Benvidos a Landereina.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que te contas?